sábado, 20 de xuño de 2020

Proba extraordinaria. Setembro


CONTIDOS DA PROBA DE SETEMBRO
  • Libro de lectura ( comprensión e vocabulario)
    • Libro: Denébola a Roxa, Hecto Cajaraville (Baía Edicións)
  • Contidos do libro ( poden entrar calquera contido, teórico ou práctico,  dos temas 1 ao 7, a excepción do apartado 2 de cada un dos tema : Lingua e sociedade)
MATERIAL DE REFORZO 
  • Probas  de reforzo por temas ou  conxunto  de temas. Ver
  • Fichas de reforzo por unidades. Ver 

xoves, 14 de maio de 2020

PROBAS DE REFORZO E RECUPERACIÓN (por temas ou conxunto de temas)


  • TEMAS 1-6
    • FICHA. Facer ficha.Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 19 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMAS 1- 6
    • Solución
  • TEMAS 4,5 E 6
    • FICHA. Facer ficha.Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 18 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMAS 4,5 E 6
    • Solución
  •  TEMA 6
    • FICHA. Facer ficha.Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 17 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMAS 3, 4 E 5
    • Solución
  • TEMAS 3,4 E 5 ( 12 / 06)
    • FICHA. Facer ficha.Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 16 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMAS 3, 4 E 5
    • Solución
  • TEMA 5  ( 12/06)
    • FICHA. Facer ficha.Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 15 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMA 5
    • Solución

  • TEMA 1,2,3 E 4 (09/06)
    • FICHA. Facer ficha.Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 11 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMAS 1,2,3e 4
    • Solución

  • TEMA 4 ( 05/6)
    • FICHA. Facer ficha. Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 8 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMA 4
    • Solución

  • TEMA  3 ( 03/6)
    • FICHA. Facer ficha. Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 5 de xuño. Pór como asunto:  REFORZO TEMA 3
    • Solución

  • TEMA 1-2  (28/05)
    • FICHA. Facer ficha. Pódese copiar ou impimir
      • Enviar á profe antes do 30 de maio. Pór como asunto:  REFORZO TEMA 1-2
    • Solución

  • TEMA 2
    • Ficha
      • Enviar á profe. Pór de asunto: REFORZO TEMA 2
    • Solución

mércores, 6 de maio de 2020

A RIMA


REFORZO. Fichas por unidades

                                    



xoves, 30 de abril de 2020

Pronome persoal II

Actividades

  1. Facer trefas do libro: 

    • Páx. 140: 1,2,3 3 4. Enviar foto. Asunto do correo: Páx 140
    • Páx.141: 5,6,7 e 8. Enviar foto. Asunto: Páx 141
    • Páx. 142: 9, 10, 1. Enviar foto. Asunto: páx 142
    • Páx  148: 3,4,5 e 6. Enviar foto de todos exercicios da páxina  ( tamén os que se fixeron antes). Asunto Páx 148.

sábado, 18 de abril de 2020

Obradoiro de haikus


ACTIVIDADE
  1. Facer un haiku. Atención á metrica (17 sílabas). Se tes que revisar este contido preme aquí
  2. Buscar imaxe ou fotografía (propia ou da rede) que represente o momento do haiku).
  3. Pór nun folio  o haiku creado por ti  e a  imaxe  de inspiración (organización libre). Ao final da páxina indicar nome do/a  poeta  e curso.
  4. Enviar o traballo en pdf ao correo da profesora
  5. Data  límite de entrega 27 de abril.

luns, 13 de abril de 2020

A medida dos versos

Preme no símbolo da man que está no canto superior dereito para ver todos os elementos interactivos que ten a presentación. En cada páxina fai o mesmo

luns, 16 de marzo de 2020

Videopoemas presentados


Xa comezan a chegar os vosos traballos. Imos facer un pequeno concurso. A ver quen son os gañadores.

 Que marabilla!!

Aí vai o primeiro: MARÍA QUINTERO, 1º ESO A




XOEL CATOIRA, 1º A



ADRIÁN RODRÍGUEZ LISTE, 1º C






mércores, 11 de marzo de 2020

21 de marzo: Día mundial da Poesía



Imos celebrar o Día Mundial  da Poesía lendo e traballando coa poesía
TRABALLO VOLUNTARIO: UN videopoema.
Debará ter:

  • Portada- primeira lámina ( deberá figurar o título do poema, autor  e  libro e data)
  • Deberá ter imaxes ou vídeo ( valorarase a relación co poema)
  • Deberá ter o poema recitado ( valorarase o recitado)
  • Poderá ter música de fondo
  • Debará figurar ao final a autoría do traballo


1º POEMA
Lúa
A lúa é velliña
de brancos cabelos
de enrugas de ouro
e de olliños cegos.

Érguese do leito
das foulas do mar
palpando os espazos
para camiñar.

Anda polo mundo
sen ver a onde vai
pois as estreliñas
lévana na man.

Envolta en néboas
hase de abrigar
pois como vai vella
tense de coidar.

Cando na outra noite
brúa o temporal
a lúa entre as tebras
tápase a tremar.

E así que o mal tempo
amainado vai
asoma a faciana
¡espalla o luar!

Luis Amado CarballoO galo (1928)


Exemplo de videopoema


2º POEMA 
Chove en Santiago (Federico García Lorca)

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ãgoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
                 Seis poemas galegos, 1935


3º POEMA


"O MEU BARCO" 


Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil ríos
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andei tódolos mares!
Xa cansei de navegar

                    Os soños da gaiola, Manuel María


venres, 7 de febreiro de 2020

2º Aval. Conta nove estrelas. Libro voluntario


Como proximamente virá a autora, Andrea Maceiras,  de varios libros  voluntarios que se leron este ano, propomos un novo libro ( Conta nove estrelas).  Está dispoñible en Galicia Le
TRABALLOS:

    • UN GLOSARIO de entre 30 e 50 palabras, de acordo ás pautas marcadas para glosarios anteriores.
    • UN AUDIO.Ler parte do capítulo 5,  dende a páxina 73 á 76, ambas incluídas ( acabar en "animal")
Comezamos a lectura a semana do 10 de febreiro

Proba extraordinaria. Setembro

CONTIDOS DA PROBA DE SETEMBRO Libro de lectura ( comprensión e vocabulario) Libro: Denébola a Roxa , Hecto Cajaraville (Baía Edición...